
Quentando motores para os retos do programa InnovaTech FP 🚀
Algunhas das mentes máis inquedas e creativas do CIFP Portovello están empezando a quentar motores 💨💨para realizar un gran despregamento nos retos do programa InnovaTech FP 🚀 Este programa ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional.
A xornada de lanzamento dos retos tivo lugar o pasado 27 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, superando por primeira vez os 1.000 participantes.
Concretamente, no CIFP Portovello participaremos con 6 equipos nos retos das seguintes empresas: L’Oréal, Fundación San Rosendo, Portomuiños, Diesemm, liderado polo CIFP A Carballeira, El Pulpo e HP. Desexamos moita sorte🍀aos nosos seis equipos participantes!!! De seguro que o faredes xenial 🤩









