
Rap e saúde mental
O alumnado de 2º de Animación Sociocultural e Turística participou nun obradoiro moi especial impartido por especialistas da asociación Vella Escola, coa colaboración do Espazo Xove Ourense e da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Traballaron sobre:
✔ A relación do Rap e a Saúde Mental - expresar emocións
✔ Escritura creativa e ritmo
✔ Recursos literarios e poéticos para crear rimas
✔ Creación de letras en equipo
✔ Dinámicas para improvisación e creatividade
E puideron elaborar un tema de rap con contido social sobre emocións e saúde mental
Unha experiencia que mestura arte, reflexión e saúde emocional. 🔥








