
Desmontaxe e montaxe de ordenadores 💻💿
🔥🔥Estes días as alumnas e alumnos de primeiro do ciclo medio de Xestión Administrativa e dos primeiros dos ciclos superiores de Administración e Finanzas (A e B) e de Asistencia a Dirección, coa axuda de Xabier Oviedo (responsable do mantemento informático do centro), fixeron nas súas respectivas aulas unha actividade que consistiu na desmontaxe de varios ordenadores 💻🖱💿 para que poidesen identificar os seus respectivos compoñentes e a súas funcións.
Esta actividade motivou ao alumnado a repotenciar antigos ordenadores das súas casas mediante a actualización da memoria RAM ou o cambio do antigo disco fixo máis lento, por un novo disco flash cun acceso mais rápido💨.
Unha vez desmontados volvimos deixalos coma estaban! 😁







