
Visitamos🥔Patatas Jalys, 🪵Anquin Madera e 👗Roberto Verino
Os grupos de 1º e 2º de Xestión de Vendas e Espazos comerciais e 1º de Transporte e Loxística de Dual Intensiva, xunto con membros do equipo docente realizaron unha ruta 🚌entre Xinzo de Limia e San Cibrao das Viñas para realizar tres visitas ás instalacións de 🥔Patatas Jalys, 🪵Anquin Madera e 👗Roberto Verino. Alí puideron observar os sistemas de produción, a loxística e os xeitos de venda de cada empresa, dependendo da tipoloxía do produto a tratar: patacas fritas, armarios personalizados, e prendas de moda e perfumes. Gracias pola acollida🧡










