
Visita a COREN
Os grupos de 1º Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e 1º de Transporte e Loxística da modalidade de Dual Intensiva, xunto cos membros do equipo docente e de relacións con empresas visitaron as instalacións de Coren🤝en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), onde lles amosaron os sistemas de produción e os xeitos de venda da empresa máis importante de Ourense, por volume de facturación 📈. Graciñas pola acollida 😊









