
🚒Simulacro de incendio🚒
🚒🚒Este mércores tivo lugar o simulacro de incendio nos Edificios A e B do CIFP Portovello. O evento, que se desenvolveu positivamente e sen incidencias relevantes, permitiu poñer en práctica o aprendido na formación sobre o Plan de Autoprotección do centro hai uns días. Nesta formación, a nosa comunidade educativa recibe instruccións en materia de seguridade e como actuar en caso de incendio. Bo traballo! 🔥














