
O CIFP Portovello coa vangarda loxística
O noso dinamizador da relación con empresas na FP, Javier Páramo, participou no II Encontro da rede de docentes do Cluster da función loxística de Galicia, que tivo por obxectivo aliñar os contidos do Ciclo Superior de Transporte e Loxística coas demandas reais do sector e impulsar a empregabilidade do alumnado.
Ademais, o encontro serviu para perfilar a gran xornada para todo o alumnado galego do devandito Ciclo Superior de Transporte e Loxística que terá lugar o día 15 de Xaneiro, previsiblemente na Cidade da Cultura.
Máis info en:
https://clusterfuncionloxistica.org/ii-encontro-da-rede-de-docentes-da-funcion-loxistica-de-galicia/








