arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorParticipamos nas GaliciaSkills 2025!!🤩


Martes, 28-Outubro-2025
Participamos nas GaliciaSkills 2025!!🤩
 - Foto

Participamos nas GaliciaSkills 2025!!🤩

O CIFP Portovello está a participar estes días en GaliciaSkills 2025, un campionato 🏆 eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de competicións relacionadas coas distintas especialidades de Formación Profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas a súa área de formación.
Camila, alumna do noso centro, compite co deseño e montaxe dun escaparate e dunha mesa de presentación comercial. Parabéns e moita sorte! 🍀 Seguiremos informando os próximos días das novidades deste evento que se celebrará durante os días 28, 29 e 30 de outubro✨🗞️


Participamos nas GaliciaSkills 2025!!🤩
 - Foto 2
Participamos nas GaliciaSkills 2025!!🤩
 - Foto 3


Mais noticias...