arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorAprendendo sobre o servizo de teleasistencia


Luns, 27-Outubro-2025
Aprendendo sobre o servizo de teleasistencia - Foto

Aprendendo sobre o servizo de teleasistencia

Antía Abalde, directora do Servizo de Teleasistencia de @domusvi en Galicia, visitou un ano máis o CIFP Portovello. Veu acompañada de Isabel, teleoperadora do servizo e que explicou ao grupo de 2º de Atención a persoas en situación de dependencia os aspectos máis importantes do seu perfil profesional. Na charla achegámonos tamén aos dispositivos de teleasistencia, básicos e avanzados e realizamos un simulacro de chamada. As alumnas puideron resolver as súas dúbidas sobre a xestión de chamadas e as incidencias máis relevantes na atención ás persoas usuarias.



Mais noticias...