
ProbasTrinity
O xoves, 16 de outubro, publicouse a Resolución do 14 de outubro de 2025 pola que se regula a xestión de probas de acreditación en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos durante o curso 2025/2026. Como novidade este ano, só poderá acceder ás axudas o alumnado de 2º curso de ciclos medios e superiores.
O alumnado que estea interesado terá que cubrir o seguinte cuestionario (https://forms.office.com/e/gHEmMCh8N9) antes do mércores, 29 de outubro ás 13:00.
As datas dos exames están por determinar e se comunicarán antes de formalizar a matrícula, unha vez a Consellería publique a concesión das axudas.







