
Visita a Conxemar 🐟❄️
🚢O alumnado dos ciclos superiores de Transporte e Loxística e de Xestión de Ventas e Espazos Comerciais visitaron a 26ª edición da Feira Internacional CONXEMAR celebrada en Vigo. Un encontro de referencia en Europa e consolidado como un dos principais eventos mundiais do produto do mar conxelado🐟❄️, no que se reúnen maioristas, importadores e exportadores, de ata 46 países🌍, xunto con industria auxiliar (transporte especializado en frío, loxística e demais maquinaria). Durante a xornada, o alumnado puido coñecer de primeira man cales son os desafíos e as últimas tendencias dun sector clave para a industria non só galega, senón mundial.











