
Benvida Caitlin!
Xa está con nós a nosa auxiliar de conversa de inglés deste curso, Caitlin, recén chegada de Estados Unidos 🇺🇸✈️. Para darlle a benvida, celebrouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, a Xornada de acollida do Programa de Auxiliares de Conversa, á que acudiu a Coordinadora de ciclos plurilingües do CIFP Portovello con Caitlin. Despois desta calorosa acollida, poideron degustar a gastronomía típica da nosa terra e realizaron un pequeno tour pola capital galega, na que non puido faltar a obrigada visita á praza do Obradoiro e á Catedral. Benvida Caitlin! Desexamos que teñas un ano fantástico en Ourense e no Portovello! 💫








