
Doazón de sangue
Este mércores 8 de outubro no edificio B e o xoves 9 no edificio A contaremos coa unidade móbil de doazón de sangue para a participación voluntaria de maiores de 18 anos. Para participar dun xeito organizado haberá unha quenda tendo de referencia o grupo ao que pertences. Podes comprobar a túa quenda nas imaxes que se achegan. Grazas por colaborar!









