
De Erasmus por Noruega ✈️
O profesor do CIFP Portovello Miki participou nunha mobilidade Erasmus + en Oslo (Noruega) ✈️, visitando diversas entidades do terceiro sector. Alí, tivo a oportunidade de visitar Soul Sessions Oslo, Matsentralen, Cáritas Noruega, Gateteam Oslo e Salvation Army, todas elas entidades que desenvolven programas de apoio a persoas en situacións desfavorables, como migrantes, persoas en situación de rúa e persoas con adicións.
Durante a visita intercambiáronse experiencias, coñecendo as diferentes metodoloxías que se aplican na intervención social en Noruega, ademais de coñecer mais profundamente o terceiro sector desta cidade, por outra banda abríronse posibilidades de futuras colaboracións para futuras mobilidades do noso alumnado.
Agradecemos a acollida e compromiso das entidades que colaboraron con esta mobilidade, continuamos aprendendo para crear un mundo mellor 🌍🌞











