
Un proxecto do CIFP Portovello entre as mellores iniciativas de innovación na FP
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP premia os mellores proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional cun investimento global de un millón de euros. Estes galardóns teñen como finalidade impulsar a calidade, a excelencia e a conexión co tecido produtivo, promovendo o traballo colaborativo entre centros educativos, empresas e outras entidades.
Na edición deste ano foron recoñecidas 45 iniciativas, entre as cales se atopa o proxecto do CIFP Portovello "Smart Office 4.0 APP IA based". Esta iniciativa pretende eliminar as tarefas máis repetitivas e de menor valor engadido a través dun proxecto de automatización dos procesos administrativos dunha empresa de elaboración e comercicialización de produtos derivados da uva, un modelo que ademais é exportable a outras organizacións empresariais. Para levar a cabo este proxecto, o noso centro colaborou co CIFP A Carballeira, "Qindel Formación y Servicios" e "Vinos y Bodegas Gallegas". Parabéns!







