arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorPremio para Smart Office 4.0 APP IA based!


Mércores, 16-Xullo-2025
Premio para Smart Office 4.0 APP IA based! - Foto

Premio para Smart Office 4.0 APP IA based!

O CIFP Portovello foi premiado polo proxecto “Smart Office 4.0 APP IA based” nos Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Para isto, colaborou co CIFP A Carballeira, “Qindel Formación y Servicios” e “Vinos y Bodegas Gallegas”. 💫🔝
Esta iniciativa pretende eliminar as tarefas máis repetitivas e de menor valor engadido a través dun proxecto de automatización dos procesos administrativos que se dividen en dúas fases:
1. Adestramento da IA na área de almacenamento.
2. Adestramento da IA noutras áreas da empresa como as compras, vendas ou contabilidade.
O obxectivo é adestrar á IA (Intelixencia Artificial) para automatizar completamente os procesos administrativos dunha empresa de elaboración e comercialización de produtos derivados da uva, un modelo que ademais é exportable a outras organización empresariais. Parabéns pola iniciativa! 👏👣



Mais noticias...