arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorIII Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo


Xoves, 3-Xullo-2025
III Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo - Foto

III Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo

Ángela, Ander e Rodrigo, alumnado do Portovello, do CIclo de Animación Sociocultural e Turística, estiveron en Munébrega‑Calatayud (Aragón) representando a Galicia no III Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo, organizado polas Comunidades Autónomas e a Rede Española de Albergues Juveniles (REAJ). Foron enviados pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, á que lle agradecemos moito esta oportunidade.
Compartiron dinámicas, xogos, unha visita ao Mosteiro de Piedra e mesmo viviron as Alfonsadas de Calatayud xunto con xente nova de todas partes de España.
Volven con novas amizades, cheos de ideas e ganas de seguir achegando a Información Xuvenil á mocidade 📸👏


III Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo - Foto 2
III Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo - Foto 3
III Encontro Estatal de Correspondentes e Alberguismo - Foto 4


Mais noticias...