
Abrindo vías de colaboración Erasmus+ en Praga
Os profesores do CIFP Portovello David Pardo e Jose Álvarez participaron nunha mobilidade Erasmus+ en Praga (República Checa), visitando entidades de referencia no eido social.
Tiveron a oportunidade de coñecer de preto o traballo de People in Need e Caritas Czech Republic, dúas organizacións que desenvolven programas innovadores de apoio a persoas en situación de vulnerabilidade, migrantes, ou sen fogar, como os proxectos baseados no modelo Housing First.
Durante a visita intercambiamos experiencias, coñecimos diferentes metodoloxías de intervención social e abrimos novas vías de colaboración para futuras mobilidades e prácticas do noso alumnado.
Grazas pola acollida, xenerosidade e compromiso coa transformación social. Seguimos aprendendo e construíndo pontes dende Galicia a Europa!