
Proxecta Quérote+
Compartimos convosco parte da actividade que realizou o alumnado de 1ª FP Básica de Servizos Comerciais con motivo da súa participación no Proxecta Quérote+. Con estas presentacións desexan explicar ao resto do centro, tanto estudantes como profesorado, o aprendido durante todas as sesións deste programa, elaborando estes contidos e fomentando a reciprocidade entre alumnado e profesorado para que todos acaben sendo parte dun proceso de relación entre iguais no noso centro. Parabéns polo traballo realizado!















