arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorDe Erasmus+ en Italia


Martes, 10-Xuño-2025
De Erasmus+ en Italia - Foto

De Erasmus+ en Italia

Dúas alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia están a rematar as súas prácticas en Forlì (Italia), na Fondazione Opera Don Pippo unha entidade que ofrece atención e acompañamento a persoas maiores a través dun centro de día e unha residencia.
Esta mobilidade Erasmus+ está a permitirlles coñecer de primeira man un modelo solidario de atención, baseado no respecto, na comunidade e na dignidade das persoas maiores.
A profesora Selene Arias realizou tamén unha visita formativa á entidade, onde puido afondar nas respostas sociais que ofrece a Fundación e acompañar ás alumnas na súa experiencia, reforzando os vínculos coa equipa italiana e mellorando as súas propias competencias como docente.



Mais noticias...