arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorUnha visita ao Eco Museo de Arxeriz


Venres, 6-Xuño-2025
Unha visita ao Eco Museo de Arxeriz - Foto

Unha visita ao Eco Museo de Arxeriz

O grupo de 1º de Animación Sociocultural e Turística participou nunha actividade complementaria dentro do programa Proxecta de Patrimonio, visitando o Eco Museo de Arxeriz, un espazo único á beira do Miño.
Durante a visita guiada puideron mergullarse na historia e nas tradicións da Ribeira Sacra: descubrimos como eran os barcos que navegaban polos ríos Miño e Sil, os sistemas de pesca tradicionais, o proceso da vendima, a estrutura dunha casa galega tradicional e mesmo un castro reconstruído, que nos axudou a entender a pegada celta na nosa arquitectura.
Unha xornada para aprender, compartir e admirar unha paisaxe impresionante. Sen dúbida, un exemplo perfecto de como o patrimonio pode ser tamén unha ferramenta para o desenvolvemento do noso rural.



Mais noticias...