
De Erasmus+ en Albufeira!
As nosas alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia están a realizar as súas prácticas no Centro de Día da Santa Casa da Misericórdia de Albufeira, en Portugal, grazas ao programa Erasmus+.
Durante a súa estadía, están a adquirir experiencia real no acompañamento a persoas maiores, integrándose nun entorno profesional de calidade e nun contexto internacional.
A súa titora, Ester Romasanta, tivo a oportunidade de visitar o centro Olhos de Água, onde puido coñecer de primeira man o traballo que realizan as alumnas, así como as respostas sociais que ofrece a Santa Casa. Esta visita supón tamén un paso adiante na cooperación entre entidades do ámbito social de Galicia e Portugal, ao tempo que fortalece as competencias pedagóxicas do profesorado.