arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorDe Erasmus+ en Zara Serdika, en Sofía (Bulgaria)! 🇧🇬...


Luns, 2-Xuño-2025
De Erasmus+ en Zara Serdika, en Sofía (Bulgaria)! 🇧🇬✈️💼 - Foto

De Erasmus+ en Zara Serdika, en Sofía (Bulgaria)! 🇧🇬✈️💼

O alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do CIFP Portovello está a realizar as súas prácticas de FCT en Zara Serdika, en Sofía (Bulgaria), grazas ao programa Erasmus+ e ao convenio de colaboración establecido con Inditex.
Esta experiencia internacional permítelles aplicar os coñecementos adquiridos no ciclo nun entorno profesional real e multicultural, afondando no sector da venda de moda a nivel europeo.
Durante o mes de maio, o profesor Pablo Gómez tivo tamén a oportunidade de compartir uns días con elas, coñecendo de primeira man o seu traballo e o perfil profesional que desenvolven.
Un paso máis na internacionalización da nosa formación profesional! 🤩


De Erasmus+ en Zara Serdika, en Sofía (Bulgaria)! 🇧🇬✈️💼 - Foto 2


Mais noticias...