
Encontro con autoescolas sobre o proxecto formativo dual intensivo do Ciclo Superior de Mobilidade Segura e Sostible 🚘🌎
O CIFP Portovello reuniuse nun encontro coas autoescolas da provincia co obxetivo de informar sobre a posta en marcha do proxecto formativo dual intensivo 2025-2027 do Ciclo Superior de Mobilidade Segura e Sostible, e o proceso ARA para a acreditación de competencias profesionais. Nesta xornada, promovida pola Asociación provincial de autoescolas de Ourense, o director do CIFP Portovello, Abel Ocampo, e a dinamizadora de relación con empresas, María Santos-Ascarza, explicaron en qué consiste esta modalidade formativa e cómo facilita a inserción laboral do alumnado gracias á colaboración coas empresas. Luis Novoa, presidente da asociación provincial de autoescolas, compartiu a súa propia experiencia como empresa participante no proxecto e David Llorente, xefe provincial de tráfico da DGT, transmitiu a visión institucional sobre a importancia desta titulación no marco das políticas de mobilidade sostible e seguridade vial. Especial relevancia tivo a explicación de Abel Ocampo, sobre a situación actual e futura do procedemento ARA para acreditar competencias profesionais, . Finalizou a xornada compartindo un pincho de despedida entre os asistentes.