
O alumnado do curso Actividades auxiliares de Almacén visita as instalacións do Grupo Cuevas
O alumnado do curso Actividades auxiliares de Almacén visita as instalacións do Grupo Cuevas en Ourense, unha experiencia enriquecedora onde puideron coñecer de preto o funcionamento dunha gran empresa ourensá e, sobre todo, o impresionante traballo loxístico que se desenvolve no seu almacén.
Grazas ao #GrupoCuevas e a Marta pola súa dispoñibilidade para achegar o mundo da empresa ao noso alumnado.