arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorGrazas por compartir a vosa saúde doando sangue 🩸❤...


Mércores, 22-Maio-2024
Grazas por compartir a vosa saúde doando sangue 🩸❤️🩸
 - Foto

Grazas por compartir a vosa saúde doando sangue 🩸❤️🩸

A Axencia de Doazón de Organos e Sangue ADOS e o CIFP Portovello agradecen á colaboración recibida os días 27 e 28 de febreiro cun total de 43 doazóns. A unidade móbil 🚑 leva acudindo ao noso centro dende o ano 2002 e ao longo deste período acadáronse un total de 1650 doazóns📊. Para entender a importancia deste acto solidario, cabe sinalar que coa participación acadada no mes de febreiro, ADOS disporá, por exemplo, de glóbulos vermellos para 21 intervencións cirúrxicas ou para 4 transplantes de órganos e tamén plaquetas para axudar 8 doentes a loitar contra o cancro ou a leucemia.
As persoas que doan sangue forman parte da sanidade , están presentes👩‍⚕️👨‍⚕️nas intervencións cirúrxicas , cando se atende a unha persoa que sufriu un accidente de tráfico, cando se axuda ás persoas con cancro ou leucemia, nos transplantes de órganos,… Grazas a túa solidariedade 🥰 pódese desenvolver unha parte importante da actividade sanitaria en Galicia. Dende ADOS tamén desexan dar a benvida ás 16 persoas que fixeron a súa primeira doazón de sangue durante esta campaña 🩸❤️.
GRAZAS POR COMPARTIR A VOSA SAÚDE



Mais noticias...