CS Formación para a mobilidade segura e sostible (distancia)
OFERTA FORMATIVA PARCIAL
Aprenderás a:
• Identificar e seleccionar a normativa reguladora da circulación, regulamentación xeral de vehículos e transporte de persoas e mercancías e normativa reguladora das emisións de contaminantes atmosféricos e calidade do aire.
• Programar a intervención da ensinanza para a seguridade viaria e a mobilidade, atendendo ao tipo desta e ao alumnado ou grupo ao que está dirixida.
• Organizar os recursos para o desenvolvemento da actividade de ensinanza-aprendizaxe, respondendo ás necesidades e características do alumnado ou grupo ao que está dirixida.
• Desenvolver as actividades programadas, empregando os recursos e estratexias metodolóxicas apropiadas e as habilidades docentes relacionadas.
• Deseñar e aplicar estratexias de actuación para a ensinanza-aprendizaxe, no marco das instrucións e procedementos da administración reguladora, da mobilidade e da seguridade viaria.
• Avaliar o proceso de formación e os resultados obtidos, elaborando e xestionando a documentación asociada ao mesmo e transmitindo a información co fin de mellorar a calidade do servizo.
• Conducir turismos e motocicletas autorizadas co permiso A2 por vías urbanas e interurbanas, cumprindo as normas de circulación e seguridade viaria e aplicando técnicas de condución segura e eficiente e sostible.
• Desenvolver programas de educación viaria e sustentabilidade do transporte, colaborando cos centros educativos e outras entidades públicas ou privadas que o requiran.
• Asesorar e colaborar en plans de mobilidade segura e sostible dirixidos a entidades públicas ou privadas.
• Participar na elaboración, implantación e revisión de plans de mobilidade urbana.
• Xestionar e administrar unha escola particular ou centro de formación de persoas condutoras, aplicando a normativa reguladora.
• Actuar ante continxencias relativas ás persoas, recursos ou ao medio, transmitindo seguridade e confianza e aplicando, no seu caso, os protocolos de actuación establecidos.
• Manter actualizados os coñecementos científicos e técnicos relativos á súa actividade profesional, utilizando os recursos existentes.
• Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos, científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu entorno profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.
(*) Dadas as características do módulo profesional Didáctica da ensinanza práctica da condución, para cursar o mesmo é necesario estar en posesión dos permisos de condución B e A2, establecidos no artigo 4 del Real Decreto 818/2009, de 8 de maio, polo que se aproba o Reglamento Xeral de Condutores.
*O certificado de aptitude de profesor de formación vial da DXT non é equivalente ao TS de Formación para a Mobilidade Segura e Sostible.