
Concurso de repostería 🥧🍰 Thanksgiving Day
Con ocasión da celebración do Día de Acción de Grazas, celebrouse o Concurso de repostería 🥧🍰 Thanksgiving Day, organizado pola Coordinación de Ciclos Plurilingües en colaboración co Departamento de Dinamización de Idiomas do CIFP Portovello.
Ao concurso presentáronse alumnas do Ciclo Superior de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección con 4 receitas: unha tarta típica do día de Acción de Grazas, seguindo a receita estadounidense (pumpkin pie), e o resto utilizando produtos de tempada de Galicia e Portugal relacionadas co outono, tales como noces ou castañas. Todas as receitas estaban exquisitas! 🫠
A nosa auxiliar de conversa tamén quixo aportar unha receita da súa terra (apple pie). Grazas, Jane! Estaba deliciosa! 😋








