
Aprendendo a comprar 🛒🛒
Carmen, encargada do Gadis Hiper - CC Ponte Vella, recibiu un ano máis ao alumnado de 1º APSD, para explicar a organización do hipermercado e orientar no proceso de 💳 compra. O alumnado realizou un desafío por parellas: unha compra determinada nunha lista, cun orzamento limitado e con criterios de consumo responsábel.
Todos os grupos superaron o desafío 👏 e contaron coa axuda do persoal do hiper para solucionar as dúbidas. Moitas gracias a Carmen e a Gadis Hiper - CC Ponte Vella pola súa colaboración!










