
O alumnado de Actividades Comerciais explora as necesidades dos seus compañeiros e deseña solucións innovadoras
O alumnado de 1º de Ciclo Medio de Actividades Comerciais puxo en marcha unha investigación de mercados 🕵️♂️🕵️♀️ centrada nos seus compañeiros e compañeiras de réxime ordinario. Este proxecto ten como obxectivo identificar as súas necesidades, hábitos e estilos de vida para, posteriormente, deseñar produtos e servizos que ofrezan solucións reais á súa día a día.
Para levar a cabo esta investigación, os estudantes utilizaron ferramentas dixitais como formularios de Google e códigos QR, o que lles permitiu recoller información📑 de forma áxil e efectiva.
Este proxecto non só fomenta a aprendizaxe práctica do márketing, senón que tamén reforza a creatividade, o traballo en equipo e a capacidade de análise do alumnado.
Agradecemos profundamente a colaboración do alumnado participante e do profesorado, cuxa implicación foi clave para o desenvolvemento desta actividade! #Somosmárketing







