
Participamos na VII Feira Virtual de Empresas Simuladas 🔥
Os dous grupos de segundo do Ciclo Superior de Administración e Finanzas veñen de participar na Feira VII Virtual de Empresas Simuladas, celebrada telemáticamente, onde participaron máis de 50 empresas virtuais tanto de península coma de Lituania, Marrocos e Bulgaria. Para a celebración do evento contaron con stands virtuais no que atenderon en diferentes linguas extranxeiras, concretamente 2º A participou coa empresa ECOPORTO e 2º B con BIOPORTO. De seguro que foi unha experiencia ben interesante! 💗






