arriba
 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorCelebramos os Erasmus Days 🌍🌟


Xoves, 24-Outubro-2024
Celebramos os Erasmus Days 🌍🌟 - Foto

Celebramos os Erasmus Days 🌍🌟

Con motivo dos #ErasmusDays realizamos charlas no noso centro educativo en todos os grupos de alumnado para dar a coñecer as posibilidades e os beneficios da participación nas mobilidades internacionais que promove o programa Erasmus+:
💃Coñecer novas culturas e formas de vida axuda a crecer persoalmente e a romper barreiras.
🕺Participar en programas internacionais fomenta a independencia, a capacidade de adaptación e outras habilidades esenciais para o desenvolvemento persoal e profesional.
👯Mellorar as competencias lingüísticas e en xeral as súas habilidades comunicativas, abre portas a novas oportunidades laborais.
O programa Erasmus+ ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento educativo, profesional e persoal dos participantes, contribuíndo ao crecemento sostible, ao emprego de calidade e á cohesión social.🧡💫
www.cifpportovello.gal
#CIFPPortovello #FPGalicia #ErasmusDays #ErasmusPlus #MobilidadeInternacional #Educación


Celebramos os Erasmus Days 🌍🌟 - Foto 2
Celebramos os Erasmus Days 🌍🌟 - Foto 3


Mais noticias...