
Radio na Biblio
No noso laboratorio de “Radio na Biblio”, da Biblio EBAP, desenvolvemos o “Obradoiro avanzado de radio” da man de Damián Alonso, da Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas". O alumnado participante tivo a oportunidade de explorar o mundo do son, a comunicación e a produción radiofónica. Dende un enfoque práctico e didáctico, coñeceron as ferramentas necesarias para planificar a creación de podcasts: narración e dicción, realización de guión e escaleta e técnicas de gravación e edición.